DUVI | Cun orzamento de 2,3 millóns de euros e no marco da convocatoria Interreg Atlantic Area, este xoves botou a andar en Vigo o proxecto europeo Marinnonet, que ten como finalidade mellorar as capacidades de innovación e transferencia das rexións do espazo atlántico no eido da biotecnoloxía azul. Liderado polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, CIM, no consorcio están implicadas institucións e empresas como a Estación Marina de Plentzia da Universidad del País Vasco, o Banco Español de Algas da Universidad de las Palmas de Gran Canaria, o Instituto Español de Oceanografía do CSIC (IEO), University of Galway (Irlanda), a Universidade do Minho (Portugal), a Estación Biolóxica de Roscoff da Universidade da Sorbona, Munster Tecnological University (Irlanda), o cluster Pôle Mer Bretagne Atlantique (Francia) e AsociaÇao Nacional para os Biorecursos Marinhos e Biotecnologia Azul (Portugal).