Saves, o asistente virtual sobre cooperativismo, premio á mellor investigación na área de economía e outras afíns

María José Cabaleiro Casal e Carlos Iglesias Malvido

DUVI |  O duro traballo comezado polos investigadores de Ecobas María José Cabaleiro Casal e Carlos Iglesias Malvido en 2011 comeza a recibir os primeiros recoñecementos. O seu Sistema Asistente Virtual para o Cooperativismo e a Economía Social, Saves, acaba de recibir o X Premio á investigación e docencia en materia de organizacións de participación outorgado pola Escuela de Estudios Cooperativos da Universidade Complutense de Madrid na categoría de mellor investigación na área de economía e outras afíns.