DUVI | A presenza das mozas nas enxeñarías, os machismos e os imaxinarios de xénero na rede, as vocacións matemáticas entre as alumnas ou a intelixencia artificial e o xénero. Estas son algunhas das temáticas dos proxectos seleccionados na convocatoria de axudas de investigación da Cátedra Feminismos 4.0 Depo-UVigo. En total son seis propostas que reciben unha achega de entre 6000€ e 3500€ para fomentar o coñecemento no eido da cultura e da sociedade dixital en estudos de xénero.
Seis proxectos para fomentar o coñecemento dos estudos de xénero na sociedade dixital
