DUVI | A modo de universidade de verán, The Thinking Institute botou a andar este luns no campus de Vigo coa vista posta en converterse nunha cita anual de referencia no eido da nanociencia. Detrás desta iniciativa está o catedrático de Química Física e investigador do Cinbio Luis Liz-Marzán, que pretende xerar con esta cita un punto de encontro internacional para abrir novas liñas de investigación neste campo “alén das fronteiras do coñecemento”.