DUVI | A redución nos tempos de comercialización de novos medicamentos, a diagnose de enfermidades, a xestión de enerxía ou o estudo da propagación de epidemias e desastres naturais, son situacións nas que a tecnoloxía matemática é quen de achegar solucións. Como “un novo salto cualitativo na dinámica de transferencia, mediante a consecución de obxectivos específicos” describe o docente e coordinador do grupo Sidor (Statistics and Operations Research) da UVigo, Jacobo de Uña, a creación por parte da Red Española Matemática-Industria da Plataforma Española de Tecnologías de Modelización, Simulación y Optimización en un Entorno Digital (PET MSO-ED). Nacida co obxectivo de impulsar e fortalecer a colaboración en I+D+i entre o sector público e o empresarial, e aproveitando o potencial das matemáticas para abordar os retos formulados no mundo industrial e na sociedade, a nova plataforma busca incrementar o uso das tecnoloxías matemáticas na industria, para avanzar cara a unha industria conectada 4.0 e cara unha industria dixital 5.0.
Transferindo coñecemento estatístico-matemático de última xeración á industria e á sociedade
