DUVI | A Universidade de Vigo volve estar representada nos Atlantic Project Awards, con tres proxectos seleccionados nos que participan investigadores do Centro de Investigación Mariña (CIM), dous deles coordinados polo Campus do Mar e outro polo Centro de Investigación Mariña e o IEO.
Estas galardóns encádranse na celebración do 7th Atlantic Stakeholder Platform Conference (ASPC2020), un simposio que ten como finalidade lanzar o Atlantic Action Plan 2.0, unha renovada estratexia marítima para fomentar unha economía azul sostible e o acordo verde da UE (EU Green Deal). Esta cita, que terá lugar este xoves 19 en modalidade virtual, reunirá funcionarios de alto nivel, expertos de renome e representantes do mundo empresarial para falar da nova estratexia marítima atlántica, especialmente no contexto dos esforzos de recuperación dos países participantes. Ao longo da xornada anunciaranse os gañadores do certame Atlantic Project Awards, que teñen como obxectivo poñer en valor casos de éxito acadados por proxectos na área xeográfica abranguida pola Estratexia do Atlántico e relacionados coa implementación do Atlantic Action Plan 2.0.