Un artigo sobre a redución dos consumos enerxéticos nas tendas, premiado como o mellor do último bienio

Xavier Labandeira

DUVI | A asociación hispano-portuguesa de economistas ambientais Aerna (Spanish-Portuguese Association of Natural and Environmental Resources Economics) seleccionou un artigo do catedrático de Economía da Universidade de Vigo Xavier Labandeira e da catedrática da Universidade de Santiago de Compostela (USC) María Loureiro como a mellor publicación científica realizada nos últimos dous anos no eido da economía ambiental. O estudo, Exploring energy use in retail stores: a field experiment, foi publicado en 2019 na revista Energy Economics e presenta os resultados dunha análise realizada en máis de 150 establecementos comerciais dunha multinacional do sector téxtil, que amosa como unha pequena intervención pode contribuír a reducir o consumo enerxético das tendas.