DUVI | A investigación en biotecnoloxía de alimentos estase a converter nunha das áreas con máis potencial na Universidade de Vigo, que conta con investigadores altamente citados como os profesores Maurizio Battino, investigador distinguido honorífico, e Jesús Simal-Gándara, catedrático de universidade. A eles súmanse novas incorporacións neste eido do coñecemento como Francesca Giampieri e Bruno Mezzetti. Todos eles daranse cita nas próximas semanas nun ciclo de conferencias virtuais titulado Plant-Food Guarantee and Improvement. Os relatorios arrancan mañá venres 5 de xuño e continuarán os días 12 e 19 do mesmo mes a través de Campus Remoto ás 11.30 horas. Os tres seminarios, cada un con tres relatorios, xiran arredor da temática común da mellora e garantía de calidade e seguridade de alimentos vexetais.
Un ciclo de conferencias analizará os avances en biotecnoloxía de alimentos vexetais
