Un ensaio reflexiona sobre como o cinema reflicte a “crise do suxeito contemporáneo”

José Manuel López. Foto: Deputación de Pontevedra

DUVI |“Os que escribimos de cinema non estamos acostumados a recibir premios. Máis ben escribimos sobre as obras daqueles que reciben premios”, salienta o crítico cinematográfico e profesor asociado da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación José Manuel López, que esta semana se proclamaba gañador dos IV Premios María Luz Morales na categoría de mellor ensaio sobre audiovisual internacional. “É un premio importantísimo para min, como investigador e como escritor sobre cine, polo difícil que é visibilizar o noso traballo”, engade López, que acadou este premio grazas a un ensaio que parte da análise do filme Shame (2011), do cineasta británico Steve McQueen, para a partires de aí propor, a través da figura do seu protagonista, unha reflexión sobre “a crise do suxeito contemporáneo”.