Un estudo avoga por triplicar a dedución do IRPF das familias numerosas

Santiago Lago e Alberto Vaquero

DUVI |  Triplicar a dedución do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) das familias numerosas para cubrir case un terzo do gasto que lles supón o coidado de fillos e fillas. Esta é unha das propostas contempladas nun estudo sobre incentivos fiscais para familias numerosas realizado por Alberto Vaquero e Santiago Lago, investigadores do grupo Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo, para a Federación Española de Familias Numerosas no marco dun proxecto que conta co apoio do Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social.