Un estudo da UVigo e o Museo de Historia Natural de Londres alerta de que as tartarugas afrontan unha carreira contrarreloxo para vencer o cambio climático

DUVI | As tartarugas de auga doce afrontan unha carreira contrarreloxo para poder ter posibilidades de sobrevivir ao cambio climático e só o conseguirán se son quen de migrar a outros hábitats antes de que os seus se volvan insostibles polo aumento da temperatura. Así o explican nun artigo publicado hoxe mércores na revista Current Biology un grupo de investigadores da Universidade de Vigo e do Museo de Historia Natural de Londres.