DUVI | “Impedir a práctica de actividade física durante un confinamento ten consecuencias negativas para a saúde da poboación, e este impacto é de moita maior magnitude naquelas persoas que no seu día a día son fisicamente activas”. Esta é, como salienta o investigador do grupo Well-Move da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Carlos Ayán, a principal conclusión do estudo que levou a cabo xunto con docentes das universidades de León, Complutense de Madrid e Isabel I, co obxectivo de coñecer o impacto do confinamento provocado pola covid-19 nos niveis de actividade física e de benestar, no risco de sufrir desordes alimenticios e na calidade do sono.
Un estudo deseñado na UVigo alerta das consecuencias para a saúde de impedir a actividade física nun confinamento
