DUVI | As rías galegas constitúen un exemplo de baías de afloramento, polo que son un dos lugares máis produtivos do planeta, caracterizadas por unha elevada produción pesqueira e marisqueira. A pesar de que tanto as baías como as augas da plataforma continental fertilízanse pola entrada de nutrientes asociada ao afloramento costeiro, non están claros os factores responsables da extraordinaria produtividade das baías.