DUVI | Un equipo internacional formado por especialistas de 13 centros de investigación de sete países publica na revista Nature Communications un estudo que supón “o primeiro cálculo de que sería necesario e que consecuencias tería tentar mitigar o cambio climático eliminando metano da atmosfera empregando cloro”, tal e como destaca Juan Antonio Añel, físico da Universidade de Vigo que participa no traballo.