Un estudo pioneiro analizará o “sexismo benevolente” dos piropos

María Lameiras e Yolanda Rodríguez

DUVI | Na teoría, seguindo a definición do dicionario, un piropo é unha “palabra ou dito amable con que se gaba a alguén coa intención de agradarlle”. Na práctica, nunha sociedade na que a igualdade de xénero non está acadada, esa palabra “amable” pode levar consigo a obxectivización sexual da muller e representar unha expresión de “sexismo benevolente”. Co obxectivo de afondar no seu uso tanto na poboación adulta como nas futuras xeracións, investigadoras da Universidade de Vigo desenvolven un proxecto pioneiro en España centrado no acoso sexual a través dos comentarios sobre o corpo nas relacións interpersoais.