DUVI | Alén das súas aplicacións noutros múltiples eidos, dispositivos tecnolóxicos como as lentes intelixentes poden converterse nunha valiosa ferramenta na asistencia de incidentes ou emerxencias que poidan darse en contornas afastadas dos centros hospitalarios e sanitarios. Esta é unha das conclusións que pode extraerse dun estudo pioneiro no que o grupo de investigación Remoss, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, buscou constatar se un grupo de socorristas poderían asistir un parto inminente, seguindo as indicacións que lles ía trasladando unha matrona a través dunhas smart glasses.
