Un estudo sobre o impacto de Facebook no márketing de redes sociais gaña os Premios José Manuel Pérez Canal 2022

DUVI | Este martes o campus de Ourense acolleu a entrega dos Premios TFG José Manuel Pérez Canal 2022, cos que a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo e o Colexio de Economistas de Ourense, co apoio da Deputación Provincial, premian os mellores traballos fin de grao deste centro. Nesta ocasión, concedeuse un primeiro premio a un estudo sobre o impacto de Facebook no márketing de redes sociais e dous accésits, un centrado na análise económica-financeira da Liga Española de Fútbol e outro no plan estratéxico para a creación real dunha empresa apícola.