Un informe dá voz ao persoal docente e investigador con discapacidade

DUVI | Profesora na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Laura Novelle é dunha das 40 docentes e investigadoras con discapacidade que achegaron as súas experiencias e vivencias a un estudo pioneiro sobre a situación do PDI con discapacidade no sistema universitario español, impulsado pola Fundación ONCE, a Fundación Derecho y Discapacidade y a Universidad Autónoma de Madrid. “Esta investigación busca sondar a porcentaxe de persoas con discapacidade que forman parte das universidades españolas como PDI, identificar as medidas de apoio implantadas para este colectivo e as barreiras que están a limitar o acceso ao noso desenvolvemento profesional”, sinala a profesora interina do Deparamento de Historia, Arte e Xeografía deste estudo, presentado este martes na sede da Fundación ONCE en Madrid.