Un libro explica ao colectivo adolescente como “xogar limpo” no amor

DUVI Contribuír a reformular “o amor” no colectivo adolescente baseándoo na igualdade, no respecto e no cariño. Con este reto preséntase o libro Xogando limpo no amor. Realizado por un equipo do Grupo de Investigación Saúde, Sexualidade e Xénero da Universidade de Vigo, a obra articúlase en base a unha historia na que a súa protagonista, Elisa, unha adolescente de 16 anos, relata as súas experiencias nas relacións de amizade e tamén nas súas primeiras relacións amorosas.