Un novo número da revista Avances en Ciencias de la Tierra divulga catro traballos de fin de estudos

Gráfica dun dos catro traballos incluídos no número once da revista

DUVI | A revista electrónica anual Avances en Ciencias de la Tierra (ACT), editada polo grupo Ephyslab, Environmental Physics Laboratory (CIM-UVigo), acaba de publicar o seu número once. Nel recóllense catro traballos fin de estudos realizados no eido das ciencias da terra e nos que se abordan temas como o impacto do cambio climático en bivalvos, os recursos solares fotovoltaicos offshore, o contido total de electróns da ionosfera en Estremadura e modelado numérico no eido da enerxía das ondas usando o programa DualSPHysics.