DUVI | Afondar en como unha sociedade sería capaz de prosperar sen precisar dun crecemento económico continúo é un dos propósitos centrais do proxecto Prospera (Prospering without growth: Science, Technology and Innovation in a post-growth era), polo que o investigador Mario Pansera foi seleccionado no programa Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC).
A posta en marcha deste proxecto fixo posible a creación en Pontevedra do Post-Growth Innovation Lab, un grupo de investigación que ten o seu eixo de traballo na idea do poscrecemento, na necesidade de avanzar cara unha sociedade que non estea sustentada nun crecemento continuo, dadas as súas implicacións sociais e ambientais. Co propósito de dar visibilidade aos propios debates que se xeran no interior do grupo e divulgar os resultados das súas investigacións dun xeito diferente, o Post-Growth Innovation Lab impulsou El Taller del Postcrecimiento, un podcast mensual presentado como “unha conversa libre entre investigadores de diversas áreas de coñecemento” en torno a algunha temática relacionada co poscrecemento.