DUVI | Os traballos de extinción de incendios e as tarefas de salvamento que levan a cabo en múltiples escenarios e que provocan que estean expostos a diferentes axentes físicos e químicos fan que a dos bombeiros sexa unha profesión de “alto risco”, como sinala o docente e investigador Nuno Lajoso, que buscou na súa tese de doutoramento comprobar a eficacia dun “programa de adestramento funcional” á hora de reducir o risco de sufrir lesións ou enfermidades deste colectivo.