DUVI | Dotar ao alumnado das competencias necesarias para poder planificar e desenvolver un programa de adestramento dirixido a xerar unha mellora no rendemento das e dos deportistas é un propósito central da materia Metodoloxía e planificación do adestramento deportivo I, do grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Nese obxectivo de definir un programa “para conseguir un determinado efecto e xustificalo fisiolóxica, biomecánica e comportamentalmente”, como explica Óscar García, profesor responsable da materia, resulta fundamental dispor de datos como os da forza ou presión que o deportista é capaz de exercer. Esta medicións, engade, poden levarse a cabo cunha plataforma de forzas, mais, dado o custo destes equipamentos, os futuros e futuras profesionais poden atopar tamén alternativas de baixo custo como os dispositivos de medición de presión elaborados con software e hardware libre que as e os estudantes da materia poñen a proba nestas semanas no marco dun proxecto de innovación educativa.
Un proxecto achega o alumnado ao uso de ferramentas tecnolóxicas na preparación física
