Un proxecto de innovación busca facer dos videopodcast unha ferramenta didáctica

Charlas de fitness

DUVI | Tanto no ámbito social e familiar, como no profesional e mesmo na propia produción de contidos audiovisuais. A covid-19 e o confinamento fixeron que ao longo dos últimos meses as videochamadas e as videoconferencias estivesen presentes de múltiples formas na vida diaria de gran parte da cidadanía. Con esa idea como punto de partida, un proxecto de innovación docente do grupo de investigación Gies-10 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte busca promover o uso do videopodcast como ferramenta didáctica. “Trátase dun formato moi coñecido, que todos utilizamos no último ano e que é factible levar a cabo con poucos recursos”, salienta o profesor Diego Alonso, coordinador dun proxecto que busca “trasladar este formato audiovisual á aula”, tendo en conta a combinación de docencia presencial e virtual dun curso marcado pola pandemia.