Un proxecto de innovación educativa converte a aula nun ‘escape room’

DUVI | Consistentes en enfrontar, no interior dunha sala, a un grupo de persoas á resolución dunha serie de enigmas, as dinámicas dos chamados escape room ou salas de escape poderían ser empregadas, alén de como unha proposta lúdica, como unha ferramenta docente. Isto é o que buscaba constatar un grupo de docentes da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, no marco dun proxecto de innovación que levou á creación dunha proposta de escape room específica para unha das materias do grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte.