Un proxecto do CINBIO sobre dianas terapéuticas no cancro de páncreas acada unha Axuda Merck de Investigación

DUVI | O cancro de páncreas é na actualidade un dos cancros máis agresivos e con maior letalidade. Aínda que está asociado a un tumor relativamente pouco frecuente, na maioría dos casos cando é detectado atópase xa metastatizado, o que explica o seu mal prognóstico, sendo a segunda causa de morte relacionada con todo tipo de cancros.