Un proxecto liderado polo GEAAT porá en valor o xacemento arqueolóxico de Adro Vello

DUVI | O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo está a desenvolver un proxecto de investigación sobre o xacemento arqueolóxico de Adro Vello, localizado na praia de O Carreiro, no Concello do Grove. Con financiamento da Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade da Xunta de Galicia, o equipo realizada desde o pasado 4 de xullo e ata o 5 de agosto unha primeira intervención de campo que inclúe tarefas de limpeza, rexistro, reescavación e sondaxes.