Un proxecto multidisciplinar aborda como traballar sobre o cambio climático nas aulas de Secundaria

DUVI | Concienciar á comunidade educativa e á sociedade en xeral sobre a problemática do cambio climático presentando liñas de actuación individuais e comunitarias que promovan a preservación dos recursos hídricos. Con este obxectivo desenvolveuse o proxecto Coñecendo o clima local: un soporte para a concienciación medio ambiental na Educación Secundaria. Nel, persoal investigador do grupo EphysLab (Environmental Physics Laboratory-CIM) e da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense deseñou e aplicou un programa de actividades para traballar as ciencias atmosféricas dun xeito multidisciplinar e transversal nas aulas, co reto último de fomentar a conciencia ambiental nas novas xeracións.