Un proxecto permite detectar comportamentos únicos en comunidades de libélulas e formigas

DUVI | Da detección de comportamentos reprodutivos únicos en libélulas de Galápagos e da República Dominicana, á constatación de que os bosques autóctonos acollen unha maior variedade de sons de paxaros que plantacións de árbores como o eucalipto; pasando pola detección por primeira vez de ataques letais entre grupos de formigas arxentinas dunha mesma colonia. Estes son algúns dos achados realizados polo grupo de investigación en Ecoloxía Evolutiva e da Conservación (EcoEvo) da Universidade de Vigo no marco dun proxecto dirixido a analizar e caracterizar a diversidade de comportamentos de comunidades de aves, libélulas, formigas e outra serie de macroinvertebrados.