Un vídeo divulgativo para dar a coñecer as investigacións da Universidade de Vigo sobre a covid-19

Que facemos? Especial Covid-19

DUVI | Dende que se declarou a pandemia mundial do coronavirus, a Universidade de Vigo tratou de poñer as súas capacidades, coñecementos e potencialidade ao servizo da sociedade. Nas primeiras semanas, por exemplo, tratando de unirse ao tecido produtivo fabricando pantallas e outras medidas de protección e posteriormente poñendo en marcha diversos proxectos de investigación relacionados con diferentes aspectos da loita contra a covid-19. Moitos deles recóllense nun vídeo divulgativo elaborado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) coincidindo co Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, que se conmemora hoxe martes.