Unha análise sobre os valores que reflicten as distopías cinematográficas que a pandemia conectou co present

O investigador José Ángel Fernández Holgado

DUVI |  Representacións de mundos nos que reina a inxustiza, os filmes que recrean realidades distópicas abordan temáticas cun “un importante trasfondo humanista”. Esta é unha das conclusións que o realizador e investigador José Ángel Fernández Holgado extrae da súa tese de doutoramento, que centrou na representación dos valores sociais neste xénero cinematográfico. A análise deste eido, non estudado previamente nun tipo de cinema habitualmente considerado un subxénero da ciencia ficción, viuse ademais marcada pola pandemia da covid-19, que, como recoñece, “serviu para confirmar moitos dos conceptos explorados no traballo, como a presenza do xénero no día a día” ou a “crise de valores” da sociedade actual.