Unha análise xurídica do traballo da muller na pesca da man das investigadoras Nora Martínez e Emma Rodríguez

A muller na pesca

DUVI | Análise xurídica do traballo da muller na pesca é unha obra que nace dunha xornada celebrada no outono do 2019, organizada polas as súas autoras, as docentes e investigadoras da Universidade de Vigo, Nora Martínez e Emma Rodríguez. A partir desas sesións de traballo nas que se abordaron a perspectiva xeral sobre os obstáculos á igualdade de oportunidades no sector primario e os problemas xurídicos arredor do traballo da muller na pesca en Galicia, as autores analizan na súa obra aspectos relacionados co apoderamento das mulleres na comunidade marítima, as mulleres na pesca á luz dos convenios internacionais de dereitos humanos e as políticas públicas de fomento da igualdade feminina na pesca. O libro, que hoxe foi presentado en Santiago de Compostela, nun acto que contou coa participación da conselleira do Mar, Rosa Quintana, tamén aborda cuestións relacionadas co acceso ao emprego e as condicións de traballo, os riscos laborais e a protección por maternidade das traballadoras da pesca, o asociacionismo como motor para a igualdade e boas prácticas para derrubar as barreiras de xénero na pesca, entre outros aspectos.