Unha científica de Cintecx utiliza residuos da produción de aceite de oliva para a depuración de restos de medicamentos nas augas residuais

DUVI | Empregar os residuos da produción de aceite de oliva para a depuración dos restos de medicamentos nas augas residuais e, así, impedir a súa chegada aos ríos e ao medio mariño, onde poden resultar prexudiciais para os seres vivos e os diferentes organismos que habitan estes ecosistemas. Esta é a tese que defende Silvia Escudero-Curiel, investigadora do grupo de Bioenxeñaría e Procesos Sostibles, Biosuv, de Cintecx -Centro de investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo-, nun artigo publicado na revista Environmental Pollution, no que demostra que o tratamento é posible a través da valorización de residuos industriais transformándoos en adsorbentes de fármacos.