Unha colaboración internacional pon de relevo o interese dun conxunto de gravados rupestres da comarca de Monterrei

Magnus Artursson (Sweedish National Historical Museum: University of Gothenburg, Suecia) e Johan Ling (University of Gothenburg, Suecia) con Beatriz Comendador en Penedo do Muro

DUVI | No marco dunha colaboración internacional entre o Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (Geaat) e o proxecto de investigación europeo RAW RockArt, Words and Warriors (Arte Rupestre e Interacción Marítima na Europa Atlántica), o conxunto de gravados rupestres de Penedo do Muro (Sandín, Flariz, Monterrei, Ourense) foi recentemente obxecto dunha actuación para a realización dun rexistro dixital de alta resolución.