Unha “corrente de coñecemento” leva a ciencia mariña á rúa e á ría

DUVI | A ciencia mariña espallouse esta fin de semana por Vigo coa celebración da Xornada de Portas Abertas do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo. Co obxectivo de achegar á cidadanía as liñas de traballo dos grupos de investigación que forman parte do centro, deseñouse un programa de actividades para todos os públicos que comezou o venres co feira científica Coñece o CIM na rúa e continuou o sábado cos paseos divulgativos de Embárcate co CIM, actuacións ambas cofinanciadas pola Xunta de Galicia e pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, para compartir o proceso de xeración de coñecemento na investigación á sociedade.