Unha exposición fotográfica ‘preestrea’ no campus as actividades da Semana de Cine Submarino

DUVI | Aínda que o arranque oficial da XXXII Semana de Cine Submarino non será ata mañá martes na sede de Afundación, desde este luns pode xa visitarse no vestíbulo principal do edificio de Ciencias Experimentais unha exposición de fotografías de animais mariños realizadas polo fotógrafo submarino Xaime Beiro. É un pequeno adianto dunha actividade máis completa que se celebrará o vindeiro xoves ás 12.00 horas no salón de actos deste centro e á que asistirán os dous directores da Semana, os catedráticos da UVigo Jesús Souza Troncoso e Elsa Vázquez Otero, xunto co decano da Facultade de Ciencias do Mar, Miguel Ángel Nombela.