Unha exposición na Vicerreitoría permite achegarse a diferentes fenómenos astronómicos

"100 lunas cuadradas" en Pontevedra

DUVI | Estrelas adolescentes, berces estelares, fósiles cósmicos, restos estelares, universos illa ou cúmulos galácticos. Estes son algúns dos fenómenos astronómicos representados nas fotografías realizadas no Observatorio do Teide, do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC), que desde este venres poden contemplarse na sede da Vicerreitoría do campus, que acolle a exposición itinerante 100 Lunas Cuadradas. Inserida no plan anual de actividades da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade (UCC+i) Ciencia de ida e volta, que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología-Ministerio de Ciencia e Innovación. A exposición abrangue diferentes tipos de obxectos astronómicos e algúns descubrimentos relevantes en astrofísica, como sistemas exo-planetarios, fósiles cósmicos, lápidas fugaces ou grupos galácticos.