Unha ferramenta informática permite identificar as oportunidades de mercado dos resultados dun proxecto de investigación

ValRIE

DUVI | Facilitar “a posta en valor dos resultados dun proxecto de investigación”, como “paso previo ao seu posible lanzamento o mercado” constitúe, como sinala a profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Ana Dopico, o obxectivo de ValRIE, unha aplicación informática para a avaliación do potencial de comercialización de proxectos de investigación desenvolvida polo grupo de investigación I-Mark, de Ecobas. A través dunha “metodoloxía de aplicación sistemática” que guía aos investigadores e investigadoras na recollida de información e definición das posibles oportunidades de mercado, esta ferramenta permite xerar un informe que reúne “información sobre as vantaxes competitivas e a viabilidade comercial do proxecto”.