Unha iniciativa da Cátedra de Idadismo permite incorporar este termo ao dicionario da RAE

DUVI | Impulsada pola Universidade de Vigo, a Asociación de Familiares y Enfermos de Alzhéimer y otras Demencias de Galicia (Afaga) e a entidade de innovación social Atendo, a Cátedra de Idadismo nacía neste 2022 co obxectivo de combater o conxunto de prácticas laborais, sociais e políticas que discriminan ás persoas por razón da súa idade. No seu propósito de facer visible esta problemática, desde a cátedra impulsaron unha serie de xestións dirixidas a que o termo edadismo fose incluído no dicionario da Real Academia Española (RAE), algo que acontecerá neste mes de decembro, segundo confirmou aos seus responsables o académico Darío Villanueva.