DUVI | Unha investigación sobre a pegada do mundo celta en O señor do Aneis representará á Universidade de Vigo na final estatal do concurso #HiloTesis. A autora da tese, Noelia Ramos, tirou da súa capacidade de síntese e de divulgación para resumir anos de traballo nun fío na rede social X que lle valeu o pase á fase nacional do concurso, no que se medirá aos representantes doutras 50 universidades de todo o país. A finalidade deste certame, impulsado pola Conferencia de Reitores e Reitoras das Universidades Españolas (CRUE), en colaboración coa Rede de Divulgación e Cultura Científica (RedDivulga) e a Fundación Ignacio Larramendi, é dar a coñecer as teses de doutoramento en formato de «fío», nas redes sociais X (antes Twitter), Threads, Bluesky e Mastodon, ou utilizar o carrusel de imaxes de Instagram.