O investigador expuxo os resultados preliminares da súa tese de doutoramento
DUVI | Como afecta a contaminación derivada das augas residuais urbanas aos organismos mariños e, máis concretamente, aos ourizos de mar? Esta foi a pregunta a que este martes tratou de responder o investigador do Grupo de Ecoloxía Costeira, EcoCost, CIM-UVigo, Pedro Campoy nunha nova charla do ciclo de conferencias Café con Sal.
Durante a súa intervención, nun repleto salón de actos da Ecimat, Campoy presentou os resultados preliminares da súa tese de doutoramento, unha investigación realizada no seo do equipo de investigación en Ecotoxicoloxía e Contaminación Mariña, Ecotox, dirixido polo catedrático Ricardo Beiras, e na que trata de desenvolver unha ferramenta útil para avaliar…
