Unha plataforma virtual permite visitar os dous sitios con pintura rupestre esquemática prehistórica da comarca de Monterrei

As visitas virtuales permiten ao visitante percorrer os xacementos e ver numerosos recursos e información sobre eles

DUVI | As pinturas rupestres esquemáticas prehistóricas situadas en Penedo Gordo (Vilardevós) e Penedo do Gato-Lobarzán (Monterrei), na provincia de Ourense, xa se poden visitar de xeito virtual. Un equipo multidisciplinar da Universidade de Vigo acaba de lanzar unha plataforma en liña que integra múltiples recursos que permiten somerxerse no coñecemento destes xacementos sen causar impacto humano neles e salvando as dificultades de acceso a eles.