Unha profesora de CCSS e da Comunicación desenvolve un método para xestionar a propia marca persoal

Juli Molares

DUVI | Achegar unha primeira aproximación a que constitúe unha “marca persoal” e pór de relevo a súa importancia, tanto a nivel persoal como profesional, para logo presentar un método dirixido a xestionar dentro desta a propia imaxe e visibilidade. Estes son os obxectivos que a profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Juli Molares persegue no seu libro El Branding Self-Cheking. El método para gestionar tu imagen dentro del personal branding, unha publicación na que presenta o método que desenvolveu para a “autoxestión” dunha das dimensións da marca persoal como é a visibilidade, “a forma na que te presentas ao mundo”.