Unha publicación e cinco exemplos de investigación aplicada na provincia de Ourense

Portada libro Proxectos INOU 2019

DUVI | O turismo sostible nos espazos naturais protexidos da provincia de Ourense; a potenciación do interese turístico do Complexo Arqueolóxico e Termal de Aquis Querquennis; o fracaso escolar en matemáticas; a calidade do sector hoteleiro ourensán e a circularidade das actividades económicas da provincia. Estas son as temáticas dos cinco proxectos multidisciplinares beneficiarios da convocatoria de axudas a grupos de investigación do campus Inou 2019, financiada pola Deputación de Ourense, e recollidos na publicación electrónica Proxectos INOU 2019. Investigación aplicada na provincia de Ourense.