Unha publicación explora o impacto dos nesgos cognitivos nas argumentacións xurídicas e decisións xudiciais

DUVI | Sesgos, argumentación y decisión judicial. Este é o título da nova publicación coordinada polo catedrático de Filosofía do Dereito da Universidade de Vigo e profesor da Facultade de Dereito do campus de Ourense Pablo Raúl Bonorino. Nela especialistas de diferentes universidades abordan o impacto das crenzas tácitas ou inconscientes no eido xurídico, dedicando especial atención á perspectiva de xénero.