DUVI | E ti, que científicas coñeces? Con este título preséntase unha nova publicación electrónica xurdida no marco das actividades de eXXperimenta en Feminino, colectivo que traballa no campus de Ourense na visibilización das mulleres nas disciplinas científicas e tecnolóxicas. O libro recolle de xeito divulgativo as biografías de 18 mulleres destacadas nestes eidos. As súas páxinas están ilustradas con debuxos presentados por nenas e nenos ao Concurso Escolar de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, convocado cada ano pola Facultade de Ciencias, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense.