DUVI | Pór en valor a xeoloxía, os solos, os viñedos e a cultura dun enclave único como é a Ribeira Sacra. Con este obxectivo presentouse este martes na Deputación de Ourense unha publicación na que se analizan as singularidades da paisaxe e o patrimonio deste enclave xeográfico que comparten as provincias de Ourense e Lugo. A obra é froito dun estudo liderado desde a Facultade de Ciencias do campus de Ourense no que participou persoal docente e investigador das universidades de Vigo e Santiago de Compostela.
Unha publicación sobre a Ribeira Sacra pon en valor a singularidade da súa paisaxe e patrimonio
