Unha tese aborda o papel do profesorado-titor de aula en Portugal

Presentación tese

DUVI |O papel do profesorado-titor de aula en Portugal foi o tema escollido por Carlos Miguel Ferreira Marinho para a súa tese de doutoramento. Froito do seu achegamento á realidade desta figura en varios centros de Matosinhos (Porto), o docente destaca como “o profesorado-titor de aula parece vivir nunha realidade complexa na que esgota o seu tempo nunha multiplicidade de tarefas difusas, obrigatorias, de carácter burocrático, que ten asinadas no seu papel de intermedio. Dar cumprimento ao seu papel de estreitamento relacional coa familia do seu alumnado pode revelarse como unha tarefa cíclica e difícil de xustificar”.