DUVI | O programa Ponte en Forma foi unha iniciativa coordinada desde a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo que tiña como meta principal achegar o deporte aos diferentes colectivos da comunidade universitaria. Na súa tese de doutoramento, Mª Milagros Fernández, directora da Escola Universitaria de Enfermaría de Ourense, avaliou a súa efectividade, concluíndo que conseguiu mellorar algúns dos parámetros de saúde das e dos participantes, como o índice de masa corporal ou a presión arterial.
Unha tese amosa os beneficios para a saúde dun programa universitario de actividade física
