Unha tese analiza o interese biotecnolóxico de microorganismos de varias termas da provincia

DUVI | Galicia é unha rexión rica en fontes xeotermais, algunhas delas con características moi interesantes no relativo á obtención potencial de microorganismos e encimas de interese biotecnolóxico. A pesar diso, o estudo destes mananciais tense centrado principalmente nas súas características fisicoquímicas. Tendo en conta este baleiro, o investigador Roberto González realizou na súa tese de doutoramento unha busca e estudo de microorganismos e encimas de interese biotecnolóxico en varias termas ourensás, centrando o seu interese nos encimas termofílicos.